Sunday 12 de May de 2024

Soleado Día da Árbore no parque de San Roque no que participaron máis de 150 nenos


O parque periurbano de San Roque viviu esta mañá un soleado Día da Árbore con participación de máis de 150 nenos e nenas que en compañía dos seus pais estaban desexosos de pasar unha agradable sesión matinal.

Os pequenos (que procedían da escola infantil municipal, a gardería Barbanziños e a ludoteca Xardín Ventureiro) recibiron un pequeno piñeiro para plantar no parque a carón do miradoiro.

Así mesmo, os maiores fixeron o propio con outra árbore de maior envergadura: un plátano de sombra. Todo elo, coa asistencia dos xardineiros municipais así como as edís de Educación e Medio Ambiente, Herminia Pouso e Elvira Pereira.

A actividade rematou cunha función de contacontos.